11 oct 2012

Panteón de Roma


No interior, mesma altura que diámetro (43,2 metros). As columnas non sosteñen ren (ocultan o sistema de carga), é só unha homenaxe á arquitectura grega.

     
Despois un ático con fiestras e por riba a cúpula, con aneis e nervios que configuran os casetóns cadrados que empequenecen ao ascenderen (sensación maior de grandiosidade); no remate, un óculo de nove metros por onde entra a luz.
Coa altura alixérase o material.
 
 O tambor, sen o revestimento de
 estuco e mármore, aparece co formigón e ladrillos. Tres andares con arcos de ladrillo: son arcos de descarga da presión da cúpula, levan a presión a oito piares repartidos pola planta circular da cella.
Busca impresionar: desde a entrada é un templo normal pero despois evoca a forma esférica do universo e a luz que entra polo óculo á que envía os deuses. O emperador presidindo os actos relixiosos sería o dono do Universo (os emperadores son homes divinzados).
Por último, nesta páxina tendes unha visita virtual ao Panteón http://www.arounder.eu/classico/index.html
   Estaría rodeado dunha praza con pórtico pero non se chegou a construír; este templo é de época de Adriano e substitúe a un de planta rectangular de época de Augusto, encargo de Agripa. Co pórtico non se vería o tambor. É octástilo, fustes monolíticos de granito e basas de mármore.

No hay comentarios:

Publicar un comentario