17 nov. 2014

Portadas do transepto da catedral de Santiago

Ampliando coñecementos das portadas do transepto da catedral de Santiago de Compostela... Neste enlace a reconstrución tridimensional da portada norte:
 Reconstrución da portada norte
 e neste as obras escultóricas da porta sur.
 Esculturas de Praterías

  Dous artigos sobre as portadas, escritos polo profesor Manuel Castiñeiras:

13 oct. 2014

O triunfo na antiga Roma



   O triunfo era a entrada solemne en Roma dun xeneral vitorioso, este honor era concedido polo Senado. 
   En época imperial os triunfos correspondíalle celebralos ao emperador, pois os xenerais eran os seus lugartenentes, mais este era quen concedía os ornamentos triunfais e a medida que avanzou o imperio entregábaos con moita facilidade, perdendo así a prestancia e significado que tivera tal honor en época republicana.
video

Organigrama arquitectura romana

 Este organigrama céntrase na valoración do espazo e nas innovacións da arquitectura romana e serve como complemento ao texto de Bruno Zevi que está a continuación.
Podedes velo aquí

O seguinte texto do arquitecto italiano Bruno Zevi pode ser un bo punto de partida para unha reflexión sobre a arquitectura romana e a súa concepción do espazo. Lembrade o significado de espazo estático e partide tamén da idea que este arquitecto tiña sobre a arquitectura: "A arquitectura non deriva dunha suma de lonxitudes, anchuras e alturas dos elementos construtivos que envolven o espazo, senón dimana propiamente do valeiro, do espazo envolto, do espazo interior, no cal os seres humanos viven e móvense"
   "O Partenón é unha obra non arquitectónica, pero non por iso deixa de ser unha obra mestra da arte, e tratándose da historia da escultura, podemos afirmar que a quen non lle gusta o Partenón, non ten sensibilidade estética. Se, ao pasar á arquitectura romana, observamos moitas reconstrucións de monumentos do Imperio e imaxinamos o espazo e o gusto dos Foros no seu estado primitivo, podemos chegar á conclusión de que moitos edificios romanos non eran obras de arte, pero nunca poderemos afirmar que non eran arquitectura...

6 oct. 2014

5 oct. 2014

A arte grega e o pensamento


   A ansiedade que provoca a irracionalidade aparente da experiencia e a busca dunha orde que explique a experiencia e acougue esa ansiedade son dúas forzas fundamentais do pensamento grego que tiveron unha fonda repercusión na arte.
   Os seguintes textos van nesa liña, o primeiro é unha reflexión que o poeta Arquíloco fai despois de observar unha eclipse de sol; o segundo é a referencia que conservamos ao famoso tratado de escultura escrito por Policleto.

..."Húmido espanto abateu ás xentes.

Dende entón calquera cousa resulta crible e esperable

aos humanos. Ningún de nós se admire ao vela.

Nin se as bestas agrestes trocan cos arroaces

o pasto mariño e teñen por máis gratas ca terra

as ondas resoantes do mar, e aqueles prefiren o monte".

Arquíloco de Paros ( 712 a.C.- 664 a.C.)


"A beleza reside, non na proporción dos elementos constituíntes, senón na proporcionalidade das partes, como entre un dedo e outro dedo, e entre todos os dedos e o  metacarpo, entre o carpo e o antebrazo e entre o antebrazo e o brazo, en realidade entre todas as partes entre si, como está escrito no Canon de Policleto. Para ensinarnos nun tratado toda a proporción do corpo, Policleto apoiou a súa  teoría nunha obra, facendo a estatua dun home de acordo cos principios do seu tratado e chamou á estatua, como ao tratado, Canon".
Galeno, De temperamentis (século II d. C.)

17 sept. 2014

4 mar. 2014

Cézanne e as naturezas mortas


                                             “Natureza morta con froiteiro” 1879-82

"Todo na natureza modélase segundo a esfera, o cono, o cilindro. Hai que aprender a pintar sobre a base destas figuras simples; despois poderase facer todo o que se queira".

« Chegará o día en que unha soa cenoria, observada con os ollos novos, desencadeará unha revolución. »




Temos unha exposición en Madrid sobre Cézanne, aquí tendes o enlace ao catálogo:
Cézanne no Museo Thyssen

23 ene. 2014

Vídeos sobre o Greco

 O primeiro enlace é dun programa sobre pintura que emitiu a televisión española a principios dos anos oitenta do século pasado. O segundo é máis recente e fala tamén deste cadro do Greco. Calquera dos dous ofrece información interesante sobre a obra

Mirar un cadro. RTVE
O enterro do señor de Orgaz. RTVE