10 nov 2013

26 oct 2013

Marina Abramovic na Coruña

Temos na Coruña unha exposición de Marina Abramovic.

 Exposición na Coruña 
  
 Non está de máis lembrar o que significa esta artista nas perfomances. O seguinte enlace lévanos a unha das máís coñecidas: Ritmo O, onde deixou durante seis horas cos espectadores fixeran con ela o que quixeran usando unhas ducias de obxectos que había sobre unha mesa, algúns inofensivos e outros non tanto: coitelos, unha pistola, unha bala... o resultado segundo a artista:  
   "A experiencia que aprendín, foi que... se se deixa a decisión ao público, poden matarte... sentinme realmente violada: cortáronme a roupa,claváronme espiñas de rosas no ventre, unha persoa apuntoume coa arma na cabeza e outra quitoulla. Creouse unha atmosfera agresiva. Despois de exactamente 6 horas, como estaba planeado, erguinme e empecei a camiñar cara opúblico. Todo o mundo saiu correndo, fuxindo dunha confrontación real."
Ritmo 0 

A pintura do século XX dunha ollada

Ten a súa gracia...

23 sept 2013

Arquitectura grega e romana

Presentación coas obras arquitectónicas gregas e romanas que estudaremos este curso.


17 sept 2013

Frank Gehry na Rioxa alavesa

      O arquitecto canadiano Frank Gehry entende a arquitectura como unha escultura, o que non significa a non consideración da función que vai ter o edificio ou a harmonía coa contorna. Podemos dicir que as súas obras son "esculturas funcionais".
    Quizáis a súa obra máis coñecida sexa o museo Guggenheim de Bilbo, pero en España tamén ten outra moi destacada que é a que quero aquí comentar: a adega-hotel Marqués de Riscal en Elciego, na Rioxa Alavesa, construída en 2007.
     Rasgos da súa arquitectura serán a busca da sorpresa e o impacto, o uso de formas xeométricas diversas e simples ou o xogo entre volumes e materiais-fundamentalmente metais- nas fachadas. As tres características as temos nesta obra.


25 feb 2013

Artistas vivos (II)

Hoxe hai novos xéneros na arte que xermolan coas novas tecnoloxías, igual que nun momento dado, e ao carón de novas realidades económicas, proliferaron os retratos ou os bodegóns. Un destes é o chamado 'guys with iphones' (individuos con móbiles). Hai millóns de exemplos e cada día homes e mulleres anónimos crean miles máis. A gran maioría dos homes son autorretratos, realizados cun dispositivo dixital, como unha cámara ou móbil, e de peito espido fronte ao espello no seu baño.

Moito se fala sobre o fin da privacidade e intimidade. Internet hoxe está chea de persoas que transmiten as súas vidas ao unísono cos demais en diversas plataformas, e moitas delas só utilizan xa medios dixitais. Ninguén se escandaliza ou ruboriza xa por estas imaxes que hai non tantos anos provocarían rexeitamento, quizáis porque como xa hai tantos millóns delas que é posible ser anónimo amosando una situación persoal.
Como non podería ser doutro xeito a arte “profesional” empeza a ocuparse do asunto. Diego de los Reyes é un artista novo que iguala o retrato casual co que é digno de figurar nun museo. Pide aos seus modelos que posen para el por medio das súas cámaras dixitais e eles saben que serán inmortalizados nos seus baños. Exhibicionismo ou narcisismo, poderemos chamalo de moitos xeitos...
Máis información na páxina do autor:

9 feb 2013

A crise e a arte

Artprice adícase a informar sobre o mercado da arte e acaba de publicar a lista dos 500 artistas contemporáneos máis cotizados nas subhastas de arte.
 Só figuran tres españois, a crise afecta tamén á creatividade?
Fixádevos tamén nos datos doutros países: 199 son chineses, 86 americáns, 31 británicos, 27 alemáns, 14 xaponeses e 9 franceses. Tamén dá que pensar, non si? Déixovos enlaces cos tres artistas españois citados:

Miquel Barceló (no posto 25)
 http://www.miquelbarcelo.info/

Juan Muñoz (no posto 133)
 http://www.fundacionbancosantander.com/visita_virtual/juan_munoz/

Jaume Plensa
http://jaumeplensa.com/web/



1 ene 2013

Artistas vivos (aínda) (I)

Sempre gustei do hiperrealismo, algún día escribirei as razóns... déixovos cun artista non tan coñecido como Richard Estes ou Chuck Close (Chuck Close exhibitions New York 2012) pero que ten algo especial
Podedes ver a obra de Glennray Tutor neste enlace:
http://www.glennraytutor.com/gallery.php