25 feb. 2013

Artistas vivos (II)

Hoxe hai novos xéneros na arte que xermolan coas novas tecnoloxías, igual que nun momento dado, e ao carón de novas realidades económicas, proliferaron os retratos ou os bodegóns. Un destes é o chamado 'guys with iphones' (individuos con móbiles). Hai millóns de exemplos e cada día homes e mulleres anónimos crean miles máis. A gran maioría dos homes son autorretratos, realizados cun dispositivo dixital, como unha cámara ou móbil, e de peito espido fronte ao espello no seu baño.

Moito se fala sobre o fin da privacidade e intimidade. Internet hoxe está chea de persoas que transmiten as súas vidas ao unísono cos demais en diversas plataformas, e moitas delas só utilizan xa medios dixitais. Ninguén se escandaliza ou ruboriza xa por estas imaxes que hai non tantos anos provocarían rexeitamento, quizáis porque como xa hai tantos millóns delas que é posible ser anónimo amosando una situación persoal.
Como non podería ser doutro xeito a arte “profesional” empeza a ocuparse do asunto. Diego de los Reyes é un artista novo que iguala o retrato casual co que é digno de figurar nun museo. Pide aos seus modelos que posen para el por medio das súas cámaras dixitais e eles saben que serán inmortalizados nos seus baños. Exhibicionismo ou narcisismo, poderemos chamalo de moitos xeitos...
Máis información na páxina do autor:

9 feb. 2013

A crise e a arte

Artprice adícase a informar sobre o mercado da arte e acaba de publicar a lista dos 500 artistas contemporáneos máis cotizados nas subhastas de arte.
 Só figuran tres españois, a crise afecta tamén á creatividade?
Fixádevos tamén nos datos doutros países: 199 son chineses, 86 americáns, 31 británicos, 27 alemáns, 14 xaponeses e 9 franceses. Tamén dá que pensar, non si? Déixovos enlaces cos tres artistas españois citados:

Miquel Barceló (no posto 25)
 http://www.miquelbarcelo.info/

Juan Muñoz (no posto 133)
 http://www.fundacionbancosantander.com/visita_virtual/juan_munoz/

Jaume Plensa
http://jaumeplensa.com/web/