10 dic. 2010

Unha soa pregunta...

Servirá isto como proba para que podan entregar traballos o meu alumnado (é non só).

18 nov. 2010

http://rss.elmundo.es/rss/descarga.htm?data2=120

3 nov. 2010

O escultor na Roma Imperial

    Este texto o tendes no blogue Iniciarte (o enlace está á dereita) pero pareceume interesante publicalo para que vexades a valoración do artista en Roma. Supoño que non necesitaredes moito tempo para recoñecer a fotografía... 

   Na antiga Roma os artistas eran considerados meros artesáns. Os tempos nos que na Grecia Clásica admirábase e retribuíase con abundancia aos máis afamados “artesáns” do bronce e do mármores xa pasaron. Lede, senón, este pequeno texto de Luciano(aprendiz de escultor, avogado e humorista sofista do século II).

“Se te fas escultor, non serás máis ca un peón, esgotarás o teu corpo (…), non percibirás máis ca un salario vil e módico (…), non serás nada máis ca un obreiro, un home perdido entre a multitude, axeonllado ante os grandes, humilde servidor dos que posúen a elocuencia; vivirás como unha lebre destinada a ser presa do máis forte. E, aínda que chegues a ser un Fidias ou un Policleto, aínda que realices mil obras mestras, o que se eloxiará de ti será a túa arte e entre aqueles que a contemplen non haberá un só que desexe emularte, xa que, por moi hábil que sexas, sempre serás considerado un artesán, un vil obreiro que vive do traballo das súas mans”.

Arte paleocristiá e bizantina

A próxima semana empezaremos con isto...

31 oct. 2010

O foro romano

   Neste enlace veredes con máis detalle o foro romano, con bastantes imaxes de posibles reconstrucións. Na páxina tendes tamén entradas interesantes a edificios significativos da arquitectura romana. Recordade as cinco obras nas que nos temos que centrar:
  • Anfiteatro Flavio ou Coliseo
  • Panteón
  • Arco de Tito
  • Teatro de Mérida
  • Acueduto de Segovia

 
http://moleskinearquitectonico.blogspot.com/2010/01/el-foro-romano-urbanismo.html

 

 

25 oct. 2010

O espazo arquitectónico como espazo estático na arte romana.

 
   O seguinte texto do arquitecto italiano Bruno Zevi pode ser un bo punto de partida para unha reflexión sobre a arquitectura romana e a súa concepción do espazo. Lembrade o significado de espazo estático e partide tamén da idea que este arquitecto tiña sobre a arquitectura: "A arquitectura non deriva dunha suma de lonxitudes, anchuras e alturas dos elementos construtivos que envolven o espazo, senón dimana propiamente do valeiro, do espazo envolto, do espazo interior, no cal os seres humanos viven e móvense"
   "O Partenón é unha obra non arquitectónica, pero non por iso deixa de ser unha obra mestra da arte, e tratándose da historia da escultura, podemos afirmar que a quen non lle gusta o Partenón, non ten sensibilidade estética. Se, ao pasar á arquitectura romana, observamos moitas reconstrucións de monumentos do Imperio e imaxinamos o espazo e o gusto dos Foros no seu estado primitivo, podemos chegar á conclusión de que moitos edificios romanos non eran obras de arte, pero nunca poderemos afirmar que non eran arquitectura...

22 oct. 2010

O foro romano



Boa recreación do que debeu ser o foro romano na súa época de maior esplendor.