31 oct. 2010

O foro romano

   Neste enlace veredes con máis detalle o foro romano, con bastantes imaxes de posibles reconstrucións. Na páxina tendes tamén entradas interesantes a edificios significativos da arquitectura romana. Recordade as cinco obras nas que nos temos que centrar:
  • Anfiteatro Flavio ou Coliseo
  • Panteón
  • Arco de Tito
  • Teatro de Mérida
  • Acueduto de Segovia

 
http://moleskinearquitectonico.blogspot.com/2010/01/el-foro-romano-urbanismo.html

 

 

25 oct. 2010

O espazo arquitectónico como espazo estático na arte romana.

 
   O seguinte texto do arquitecto italiano Bruno Zevi pode ser un bo punto de partida para unha reflexión sobre a arquitectura romana e a súa concepción do espazo. Lembrade o significado de espazo estático e partide tamén da idea que este arquitecto tiña sobre a arquitectura: "A arquitectura non deriva dunha suma de lonxitudes, anchuras e alturas dos elementos construtivos que envolven o espazo, senón dimana propiamente do valeiro, do espazo envolto, do espazo interior, no cal os seres humanos viven e móvense"
   "O Partenón é unha obra non arquitectónica, pero non por iso deixa de ser unha obra mestra da arte, e tratándose da historia da escultura, podemos afirmar que a quen non lle gusta o Partenón, non ten sensibilidade estética. Se, ao pasar á arquitectura romana, observamos moitas reconstrucións de monumentos do Imperio e imaxinamos o espazo e o gusto dos Foros no seu estado primitivo, podemos chegar á conclusión de que moitos edificios romanos non eran obras de arte, pero nunca poderemos afirmar que non eran arquitectura...

22 oct. 2010

O foro romano



Boa recreación do que debeu ser o foro romano na súa época de maior esplendor.