17 sept. 2013

Frank Gehry na Rioxa alavesa

      O arquitecto canadiano Frank Gehry entende a arquitectura como unha escultura, o que non significa a non consideración da función que vai ter o edificio ou a harmonía coa contorna. Podemos dicir que as súas obras son "esculturas funcionais".
    Quizáis a súa obra máis coñecida sexa o museo Guggenheim de Bilbo, pero en España tamén ten outra moi destacada que é a que quero aquí comentar: a adega-hotel Marqués de Riscal en Elciego, na Rioxa Alavesa, construída en 2007.
     Rasgos da súa arquitectura serán a busca da sorpresa e o impacto, o uso de formas xeométricas diversas e simples ou o xogo entre volumes e materiais-fundamentalmente metais- nas fachadas. As tres características as temos nesta obra.




        O edificio constrúese a partir de tres grandes columnas que nacen 9 metros máis abaixo da entrada, atravesando a adega onde repousan máis de tres millóns e medio de botellas.
      As plantas son as tres diferentes, diminuíndo en altura, albergan 14 habitacións, dous restaurantes e un salón de lectura na planta superior.
      As vistas desde calquera das plantas son espectaculares: viñedos, o pobo de Elciego coa súa igrexa de San Andrés e as montañas
      Os ventanais son todos diferentes entre si: rectangulares, trapezoidais, en ángulo, rectos... e revestidos con madeira.
      Nas paredes rectas usa pedra arenisca que harmoniza co material usado nos edificios decimonónicos do pobo de Elciego.

 Todo o edificio está recuberto por unha especie de "fervenzas" de titanio ondulantes as que,  en  cores rosa, prata e ouro, reflicten coa luz do día tons vermellos -  a cor do viño- o dourado -da maia da botella- e o prata - da cápsula-, semellando grandes toldos.


             O edificio adxunto, comunicado cunha pasarela co principal, é froito das esixencias dos xestores do hotel que desexaban aumentar o número de habitacións.

 Como no mundo da arte e da visión da mesma non hay perspectivas unívocas,  tendes aquí un enlace a un artigo crítico co que consegue Gehry con esta obra. Non é mais que o debate xa do século pasado entre funcionalidade arquitectónica e valores "artísticos"


No hay comentarios:

Publicar un comentario