27 ago 2024

26 ago 2024

13 oct 2016

Contribucións diversas ao Panteón de Roma: Canaletto, Marguerite Yourcenar e Mary Beard

O óleo de Canaletto do ano 1742 amosa unha faciana "lixeiramente" distinta do Panteón. Ten os dous campanarios engadidos por Bernini e desmontados a finais do século XIX.




Mary Beard fálanos de como Roma amosaba o seu dominio na época imperial e con Marguerite Yourcenar recreamos as ideas do emperador Adriano sobre o Panteón:

 
"Los productos naturales del imperio, sus lujos y curiosidades, inundaron también Roma y confirieron a la ciudad el estatus de potencia imperial.

12 oct 2016

"A vivir que son dos días" no Coliseo

Neste enlace tendes un bo exemplo de como entreter e facer ameno un programa de radio non é incompatible co rigor. Parabéns a Javier del Pino e o seu programa da Ser "A vivir que son dos días"



28 feb 2016

Caravaggio e a vocación de San Mateo


 Un cardeal francés, Mateo Contarelli, comprou unha capela na igrexa de San Luis dos Franceses en Roma. Encarga varias obras pictóricas e escultóricas que teñen como tema ao santo que lle daba a el o nome, San Mateo. Cando morre en 1585 non estaban feitas aínda as decoracións encargadas e será Caravaggio quen reciba o encargo dos dous óleos laterais coa Vocación e o Martirio de San Mateo, máis tarde realizará tamén a figura de San Mateo e o anxo para o altar central. O encargo o consegue grazas ao cardeal Francesco María del Monte quen o tiña acollido na súa casa.

Caravaggio e Muñoz Molina

Muñoz Molina amosa a súa paixón por Caravaggio neste artigo publicado no xornal "El País" en xuño do 2009.


Vuelvo a Roma diciéndome que esta vez no me voy a perder los cuadros de Caravaggio en la iglesia de San Luis de los Franceses, especialmente uno, la Vocación de San Mateo, que es una de las pinturas que más me conmueven en el mundo, aunque no la he visto nunca de verdad. La tengo en una postal pegada sobre mi escritorio, como un recuerdo de Caravaggio y también de la persona tan querida que me la envió, sabiendo cuánto me gustaba. La he estudiado en reproducciones, fijándome en esa luz sobrenatural que la atraviesa, en la penumbra de fondo en la que debió de fijarse tan atentamente Velázquez en sus viajes a Roma.

2 feb 2015

Dous bronces atribuídos a Miguel Anxo

De confirmarse, sería un descubrimento excepcional. Sábese que Miguel Anxo realizou varias esculturas en bronce, entre elas unha copia máis pequena do David e unha estatua colosal do papa Xulio II, pero ningunha chegou aos nosos días. Nos próximos meses os expertos presentarán as súas conclusións nun congreso, deíxovos varios enlaces para xulgar o achádego.
 Aquí tendes os enlaces á nova, o primeiro en castelán e despois en inglés cun vídeo onde aparecen as esculturas. O terceiro enlace amosa os debuxos de Miguel Anxo que se asemellan a estas esculturas. O cuarto enlace ten fotografías con alta definición:
Cambridge ‘redescubre’ los únicos dos bronces de Miguel Ángel

Michelangelo bronzes discovered

Michelangelo bronzes and pictures

Fotos en alta definición

17 nov 2014

Portadas do transepto da catedral de Santiago

Ampliando coñecementos das portadas do transepto da catedral de Santiago de Compostela... Neste enlace a reconstrución tridimensional da portada norte:
 Reconstrución da portada norte
 e neste as obras escultóricas da porta sur.
 Esculturas de Praterías

  Dous artigos sobre as portadas, escritos polo profesor Manuel Castiñeiras:

13 oct 2014

O triunfo na antiga Roma



   O triunfo era a entrada solemne en Roma dun xeneral vitorioso, este honor era concedido polo Senado. 
   En época imperial os triunfos correspondíalle celebralos ao emperador, pois os xenerais eran os seus lugartenentes, mais este era quen concedía os ornamentos triunfais e a medida que avanzou o imperio entregábaos con moita facilidade, perdendo así a prestancia e significado que tivera tal honor en época republicana.

Organigrama arquitectura romana

 Este organigrama céntrase na valoración do espazo e nas innovacións da arquitectura romana e serve como complemento ao texto de Bruno Zevi que está a continuación.
Podedes velo aquí

O seguinte texto do arquitecto italiano Bruno Zevi pode ser un bo punto de partida para unha reflexión sobre a arquitectura romana e a súa concepción do espazo. Lembrade o significado de espazo estático e partide tamén da idea que este arquitecto tiña sobre a arquitectura: "A arquitectura non deriva dunha suma de lonxitudes, anchuras e alturas dos elementos construtivos que envolven o espazo, senón dimana propiamente do valeiro, do espazo envolto, do espazo interior, no cal os seres humanos viven e móvense"
   "O Partenón é unha obra non arquitectónica, pero non por iso deixa de ser unha obra mestra da arte, e tratándose da historia da escultura, podemos afirmar que a quen non lle gusta o Partenón, non ten sensibilidade estética. Se, ao pasar á arquitectura romana, observamos moitas reconstrucións de monumentos do Imperio e imaxinamos o espazo e o gusto dos Foros no seu estado primitivo, podemos chegar á conclusión de que moitos edificios romanos non eran obras de arte, pero nunca poderemos afirmar que non eran arquitectura...

6 oct 2014

5 oct 2014

A arte grega e o pensamento


   A ansiedade que provoca a irracionalidade aparente da experiencia e a busca dunha orde que explique a experiencia e acougue esa ansiedade son dúas forzas fundamentais do pensamento grego que tiveron unha fonda repercusión na arte.
   Os seguintes textos van nesa liña, o primeiro é unha reflexión que o poeta Arquíloco fai despois de observar unha eclipse de sol; o segundo é a referencia que conservamos ao famoso tratado de escultura escrito por Policleto.

..."Húmido espanto abateu ás xentes.

Dende entón calquera cousa resulta crible e esperable

aos humanos. Ningún de nós se admire ao vela.

Nin se as bestas agrestes trocan cos arroaces

o pasto mariño e teñen por máis gratas ca terra

as ondas resoantes do mar, e aqueles prefiren o monte".

Arquíloco de Paros ( 712 a.C.- 664 a.C.)


"A beleza reside, non na proporción dos elementos constituíntes, senón na proporcionalidade das partes, como entre un dedo e outro dedo, e entre todos os dedos e o  metacarpo, entre o carpo e o antebrazo e entre o antebrazo e o brazo, en realidade entre todas as partes entre si, como está escrito no Canon de Policleto. Para ensinarnos nun tratado toda a proporción do corpo, Policleto apoiou a súa  teoría nunha obra, facendo a estatua dun home de acordo cos principios do seu tratado e chamou á estatua, como ao tratado, Canon".
Galeno, De temperamentis (século II d. C.)

4 mar 2014

Cézanne e as naturezas mortas


                                             “Natureza morta con froiteiro” 1879-82

"Todo na natureza modélase segundo a esfera, o cono, o cilindro. Hai que aprender a pintar sobre a base destas figuras simples; despois poderase facer todo o que se queira".

« Chegará o día en que unha soa cenoria, observada con os ollos novos, desencadeará unha revolución. »




Temos unha exposición en Madrid sobre Cézanne, aquí tendes o enlace ao catálogo:
Cézanne no Museo Thyssen

23 ene 2014

Vídeos sobre o Greco

 O primeiro enlace é dun programa sobre pintura que emitiu a televisión española a principios dos anos oitenta do século pasado. O segundo é máis recente e fala tamén deste cadro do Greco. Calquera dos dous ofrece información interesante sobre a obra

Mirar un cadro. RTVE
O enterro do señor de Orgaz. RTVE


10 nov 2013