Un cardeal francés, Mateo Contarelli, comprou unha capela na igrexa de San Luis dos Franceses en Roma. Encarga varias obras pictóricas e escultóricas que teñen como tema ao santo que lle daba a el o nome, San Mateo. Cando morre en 1585 non estaban feitas aínda as decoracións encargadas e será Caravaggio quen reciba o encargo dos dous óleos laterais coa Vocación e o Martirio de San Mateo, máis tarde realizará tamén a figura de San Mateo e o anxo para o altar central. O encargo o consegue grazas ao cardeal Francesco María del Monte quen o tiña acollido na súa casa.
É
o seu primeiro traballo non para un coleccionista privado, senón
para unha igrexa de acceso público o que levou, por exemplo, a que
a primeira versión do santo co anxo fora rexeitada por demasiado
realista. San Mateo aparece como un home canso, vello, asemella máis
un xornaleiro ca un evanxelista, ata o anxo, marcadamente
adolescente, ten que collerlle a man para que poida escribir como se
fose un iletrado. A primeira versión perdeuse no bombardeo de Dresde
durante a II Guerra Mundial.
Caravaggio
segue a pasaxe evanxélica de Lucas: “Despois
disto, saiu e viu a un publicán chamado Leví, sentado no despacho
de impostos, e díxolle «Ségueme». El, deixándoo todo, ergueuse e
seguíuno”
(Lc. 5, 27-28).
Realiza
unha escena
complexa
fronte ao que tiña feito ata o momento, con unha ou dúas figuras;
agora terá sete. É de dimensións
gradiosas
(as figuras son de tamaño natural) 3,5x3,25 metros e decide usar o
lenzo cando o normal ata o momento era usar o fresco para pinturas
desas dimensións. O tratamento da historia tamén é moi novidoso, é
unha historia sagrada pero aparece reflictida como unha escena
da vida cotiá,
parece unha escena de taberna romana, incluso con certa sordidez. A
figura de Cristo aparece case oculta e só o halo sobre a súa cabeza
permite recoñecelo, o seu xesto lembra ao Deus de Miguel Anxo na
capela Sixtina. É un instante
detido do tempo,
sen ningún elemento que distraiga á atención do fundamental: o
cambio radical que se produce na vida de Leví remalcado polo cruce
de miradas e a luz.
A luz fixa a estrutura e a composición: trala figura de Cristo hai un potente foco de luz que ilumina a un sorprendido Mateo que se vota cara atrás. A luz reflicte o xesto de Cristo; un compañeiro de Mateo, vestido como un cabaleiro romano, conta con afán as moedas, alleo ao que sucede. Contrasta o ambiente mundano no que vive Leví coa austeridade de Cristo e Pedro.
A
profundidade da súa pintura non se basa nunha rigorosa perspectiva
lineal, mais ben é produto dunha estudada composición de liñas
converxentes, diagonais, series de escorzos e primeiros planos
resaltados polos xogos de luz, recursos cos que chega a establecer
unha profundidade que suxire efectos atmosféricos.
O
conxunto destaca pola súa autenticidade
e naturalismo.
Tampouco
é arbitraria a colocación de Pedro entre Cristo e os homes,
representando á Igrexa Católica e o seu papel mediador entre o
divino e o humano, de xeito que sobre o conxunto domina a alusión á
salvación e a vía para conseguila repetindo os xestos instituídos
por Cristo: os sacramentos, que son os que os luteranos rexeitan e o
Concilio de Trento reafirma. Nun primeiro momento non estaba a figura
de Pedro, foi engadida máis tarde (os arrepentimentos
son frecuentes en Caravaggio ao pintar de forma rápida e directa)
Unha entrada estupenda. É unha mágoa que para poder apreciar estas obras teñamos que poñer unhas moedas para aprecialas (mal) iluminadas. Saúdos desde Iniciarte.
ResponderEliminar