Mostrando entradas con la etiqueta Organigramas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Organigramas. Mostrar todas las entradas

13 oct 2014

Organigrama arquitectura romana

 Este organigrama céntrase na valoración do espazo e nas innovacións da arquitectura romana e serve como complemento ao texto de Bruno Zevi que está a continuación.
Podedes velo aquí

O seguinte texto do arquitecto italiano Bruno Zevi pode ser un bo punto de partida para unha reflexión sobre a arquitectura romana e a súa concepción do espazo. Lembrade o significado de espazo estático e partide tamén da idea que este arquitecto tiña sobre a arquitectura: "A arquitectura non deriva dunha suma de lonxitudes, anchuras e alturas dos elementos construtivos que envolven o espazo, senón dimana propiamente do valeiro, do espazo envolto, do espazo interior, no cal os seres humanos viven e móvense"
   "O Partenón é unha obra non arquitectónica, pero non por iso deixa de ser unha obra mestra da arte, e tratándose da historia da escultura, podemos afirmar que a quen non lle gusta o Partenón, non ten sensibilidade estética. Se, ao pasar á arquitectura romana, observamos moitas reconstrucións de monumentos do Imperio e imaxinamos o espazo e o gusto dos Foros no seu estado primitivo, podemos chegar á conclusión de que moitos edificios romanos non eran obras de arte, pero nunca poderemos afirmar que non eran arquitectura...