24 oct 2014
Santa Sofía de Constantinopla
Etiquetas:
Bizantino
19 oct 2014
Arquitectura prerrománica
Etiquetas:
Arquitectura,
Prerrománico
13 oct 2014
O triunfo na antiga Roma
O triunfo era a entrada solemne en Roma dun xeneral vitorioso, este honor era concedido polo Senado.
En época imperial os triunfos correspondíalle celebralos ao emperador, pois os xenerais eran os seus lugartenentes, mais este era quen concedía os ornamentos triunfais e a medida que avanzou o imperio entregábaos con moita facilidade, perdendo así a prestancia e significado que tivera tal honor en época republicana.
Etiquetas:
Roma
Organigrama arquitectura romana
Este organigrama céntrase na valoración do espazo e nas innovacións da arquitectura romana e serve como complemento ao texto de Bruno Zevi que está a continuación.
Podedes velo aquí
O seguinte texto do arquitecto italiano Bruno Zevi pode ser un bo
punto de partida para unha reflexión sobre a arquitectura romana e a súa
concepción do espazo. Lembrade o significado de espazo estático e
partide tamén da idea que este arquitecto tiña sobre a arquitectura: "A
arquitectura non deriva dunha suma de lonxitudes, anchuras e alturas
dos elementos construtivos que envolven o espazo, senón dimana
propiamente do valeiro, do espazo envolto, do espazo interior, no cal os
seres humanos viven e móvense"
"O Partenón é unha obra non arquitectónica, pero non por iso deixa de ser unha obra mestra da arte, e tratándose da historia da escultura, podemos afirmar que a quen non lle gusta o Partenón, non ten sensibilidade estética. Se, ao pasar á arquitectura romana, observamos moitas reconstrucións de monumentos do Imperio e imaxinamos o espazo e o gusto dos Foros no seu estado primitivo, podemos chegar á conclusión de que moitos edificios romanos non eran obras de arte, pero nunca poderemos afirmar que non eran arquitectura...
Etiquetas:
Organigramas,
Roma
6 oct 2014
Altar de Pérgamo
Pechadas as visitas ao altar de Pérgamo en Berlín:
http://www.eldiario.es/cultura/Altar-Pergamo-alternativas_0_309019488.html
Evidentemente o museo ten máis cousas que ver...
Etiquetas:
Arquitectura,
Grecia
5 oct 2014
A arte grega e o pensamento
A ansiedade que provoca a irracionalidade aparente da experiencia e a busca dunha orde que explique a experiencia e acougue esa ansiedade son dúas forzas fundamentais do pensamento grego que tiveron unha fonda repercusión na arte.
Os seguintes textos van nesa liña, o primeiro é unha reflexión que o poeta Arquíloco fai despois de observar unha eclipse de sol; o segundo é a referencia que conservamos ao famoso tratado de escultura escrito por Policleto.
..."Húmido espanto abateu ás xentes.
Dende entón calquera cousa resulta crible e esperable
aos humanos. Ningún de nós se admire ao vela.
Nin se as bestas agrestes trocan cos arroaces
o pasto mariño e teñen por máis gratas ca terra
as ondas resoantes do mar, e aqueles prefiren o
monte".
Arquíloco de Paros ( 712 a.C.- 664 a.C.)
"A beleza reside, non na proporción dos elementos
constituíntes, senón na proporcionalidade das partes, como entre un dedo e outro
dedo, e entre todos os dedos e o metacarpo, entre o carpo e o antebrazo e entre
o antebrazo e o brazo, en realidade entre todas as partes entre si, como está
escrito no Canon de Policleto. Para ensinarnos nun tratado toda a proporción do
corpo, Policleto apoiou a súa teoría nunha
obra, facendo a estatua dun home de acordo cos principios do seu tratado e
chamou á estatua, como ao tratado, Canon".
Galeno, De
temperamentis (século II d. C.)
Etiquetas:
Grecia
Suscribirse a:
Entradas (Atom)