O arquitecto canadiano Frank Gehry entende a arquitectura como unha escultura, o que non significa a non consideración da función que vai ter o edificio ou a harmonía coa contorna. Podemos dicir que as súas obras son "esculturas funcionais".
Quizáis a súa obra máis coñecida sexa o museo Guggenheim de Bilbo, pero en España tamén ten outra moi destacada que é a que quero aquí comentar: a adega-hotel Marqués de Riscal en Elciego, na Rioxa Alavesa, construída en 2007.
Rasgos da súa arquitectura serán a busca da sorpresa e o impacto, o uso de formas xeométricas diversas e simples ou o xogo entre volumes e materiais-fundamentalmente metais- nas fachadas. As tres características as temos nesta obra.
17 sept 2013
Frank Gehry na Rioxa alavesa
Etiquetas:
Arquitectura,
Arte_contemporánea,
Artistas_vivos
25 feb 2013
Artistas vivos (II)
Hoxe
hai novos xéneros na arte que xermolan coas novas tecnoloxías,
igual que nun momento dado, e ao carón de novas realidades
económicas, proliferaron os retratos ou os bodegóns. Un destes é o
chamado 'guys with iphones' (individuos con móbiles). Hai millóns
de exemplos e cada día homes e mulleres anónimos crean miles máis.
A gran maioría dos homes son autorretratos, realizados cun
dispositivo dixital, como unha cámara ou móbil, e de peito espido
fronte ao espello no seu baño.
Moito se fala sobre o fin da privacidade e intimidade. Internet hoxe está chea de persoas que transmiten as súas vidas ao unísono cos demais en diversas plataformas, e moitas delas só utilizan xa medios dixitais. Ninguén se escandaliza ou ruboriza xa por estas imaxes que hai non tantos anos provocarían rexeitamento, quizáis porque como xa hai tantos millóns delas que é posible ser anónimo amosando una situación persoal.

Como
non podería ser doutro xeito a arte “profesional” empeza a
ocuparse do asunto. Diego de los Reyes é un artista novo que iguala
o retrato casual co que é digno de figurar nun museo. Pide aos seus
modelos que posen para el por medio das súas cámaras dixitais e
eles saben que serán inmortalizados nos seus baños. Exhibicionismo
ou narcisismo, poderemos chamalo de moitos xeitos...
Máis información na páxina do autor:
Etiquetas:
Arte_contemporánea,
Artistas_vivos
9 feb 2013
A crise e a arte
Artprice adícase a informar sobre o mercado da arte e acaba de publicar a lista dos 500 artistas contemporáneos máis cotizados nas subhastas de arte.
Só figuran tres españois, a crise afecta tamén á creatividade?
Fixádevos tamén nos datos doutros países: 199 son chineses, 86 americáns, 31 británicos, 27 alemáns, 14 xaponeses e 9 franceses. Tamén dá que pensar, non si? Déixovos enlaces cos tres artistas españois citados:
Miquel Barceló (no posto 25)
http://www.miquelbarcelo.info/
Juan Muñoz (no posto 133)
http://www.fundacionbancosantander.com/visita_virtual/juan_munoz/
Jaume Plensa
http://jaumeplensa.com/web/

Arte_contemporánea
29 ene 2013
Conceptos artísticos (I)
Etiquetas:
Vocabulario
27 ene 2013
Tiziano e o seu cadro Amor Sacro e Amor Profano
Etiquetas:
Renacemento
1 ene 2013
Artistas vivos (aínda) (I)
Sempre gustei do hiperrealismo, algún día escribirei as razóns... déixovos cun artista non tan coñecido como Richard Estes ou Chuck Close (Chuck Close exhibitions New York 2012) pero que ten algo especial
Podedes ver a obra de Glennray Tutor neste enlace:
http://www.glennraytutor.com/gallery.php
Podedes ver a obra de Glennray Tutor neste enlace:
http://www.glennraytutor.com/gallery.php
Etiquetas:
Artistas_vivos,
hiperrealismo
Suscribirse a:
Entradas (Atom)