Quizáis a súa obra máis coñecida sexa o museo Guggenheim de Bilbo, pero en España tamén ten outra moi destacada que é a que quero aquí comentar: a adega-hotel Marqués de Riscal en Elciego, na Rioxa Alavesa, construída en 2007.
Rasgos da súa arquitectura serán a busca da sorpresa e o impacto, o uso de formas xeométricas diversas e simples ou o xogo entre volumes e materiais-fundamentalmente metais- nas fachadas. As tres características as temos nesta obra.
O edificio constrúese a partir de tres grandes columnas que nacen 9 metros máis abaixo da entrada, atravesando a adega onde repousan máis de tres millóns e medio de botellas.
As plantas son as tres diferentes, diminuíndo en altura, albergan 14 habitacións, dous restaurantes e un salón de lectura na planta superior.
As vistas desde calquera das plantas son espectaculares: viñedos, o pobo de Elciego coa súa igrexa de San Andrés e as montañas
Os ventanais son todos diferentes entre si: rectangulares, trapezoidais, en ángulo, rectos... e revestidos con madeira.
Nas paredes rectas usa pedra arenisca que harmoniza co material usado nos edificios decimonónicos do pobo de Elciego.
O edificio adxunto, comunicado cunha pasarela co principal, é froito das esixencias dos xestores do hotel que desexaban aumentar o número de habitacións.
Como no mundo da arte e da visión da mesma non hay perspectivas unívocas, tendes aquí un enlace a un artigo crítico co que consegue Gehry con esta obra. Non é mais que o debate xa do século pasado entre funcionalidade arquitectónica e valores "artísticos"
No hay comentarios:
Publicar un comentario