Temos na Coruña unha exposición de Marina Abramovic.
Exposición na Coruña
Non está de máis lembrar o que significa esta artista nas perfomances. O seguinte enlace lévanos a unha das máís coñecidas: Ritmo O, onde deixou durante seis horas cos espectadores fixeran con ela o que quixeran usando unhas ducias de obxectos que había sobre unha mesa, algúns inofensivos e outros non tanto: coitelos, unha pistola, unha bala... o resultado
segundo a artista:
"A experiencia que aprendín, foi que... se se deixa a decisión ao público, poden matarte... sentinme realmente violada: cortáronme a roupa,claváronme espiñas de rosas no ventre, unha persoa apuntoume coa arma na cabeza e outra quitoulla. Creouse unha atmosfera agresiva. Despois de exactamente 6 horas, como estaba planeado, erguinme e empecei a camiñar cara opúblico. Todo o mundo saiu correndo, fuxindo dunha confrontación real."
Ritmo 0
No hay comentarios:
Publicar un comentario