A Acrópole de Atenas dá moito para falar... aquí deixo unha curiosidade: a imaxe que tiña a principios do século XIX.
No ano 1805 un viaxeiro e pintor inglés, Edward Dodwell, visitou Atenas e debuxou o que viu. En primeiro plano están os Propíleos. Lembrade que o Partenón ao longo da súa historia foi igrexa cristiá, mesquita e ata unha polvoreira coa ocupación turca.O Erecteion é outro edificio da Acrópole moi interesante pola súa tipoloxía que se afasta dos templos tradicionais, no seguinte vídeo vese algo disto e no debuxo vedes o que quizáis fose a imaxe deste edificio na época da súa construción.
No hay comentarios:
Publicar un comentario