30 dic 2012

Gastronomía...

Restaurante "Os tres caracois" Preto da ponte Vecchia, Florencia.

Menú degustación:
›    Unha anchoa enrolada descansando sobre unha rebanda de nabo tallada a semellanza dunha ra.
›    Outra anchoa enroscada ao redor dun brote de col.
›    Unha cenoria, belamente tallada.
›    O corazón dunha alcachofa.
›    Dúas metades de cogombro novo sobre unha folla de leituga.
›    A peituga dunha curruca.
›    O ovo dun avefría.
›    Os testículos dun año con crema fría.
›    A pata dunha ra sobre unha folla de dente de león.
›    O pezuño, fervido e desosado, dunha ovella.


       


      Acougade non é que o blogue cambiase agora de contidos, só estamos ante a posible carta que o artista Leonardo da Vinci nos podería presentar durante os anos que foi cociñeiro en Florencia. Un exemplo do que entendemos por artista total no Renacemento e que significa non ser alleo a ningún coñecemento ou saber...  No seguinte enlace podedes ampliar isto.

No hay comentarios:

Publicar un comentario